Carballo fomenta a eficiencia enerxética
Moito movemento esta pasada fin de semana por Carballo. Un curso de eficiencia enerxética, unha visita especial ao salón de plenos e un traballo no pavillón.
Curso no Forum
Curso de Eficiencia Enerxetica en Carballo24 persoas realizaron nesta acción formativa do Seminario gratuíto de Introdución á Eficiencia enerxética que tivo lugar no Fórum Carballo dende o pasado mes de outubro.
Un total de cinco profesores especializados foron os encargados de impartir as sesións que trataron sobe o mercado enerxético, a eficiencia enerxética na industria, as enerxías renovables, a iluminación interior e exterior, os modelos das empresas de servizos enerxéticos, a consultaría enerxética, a normativa e regulación ou a rehabilitación e eficiencia na edificación. Trátase dun curso dirixido tanto a demandantes de emprego como a persoas en activo que desexen explorar no campo da eficiencia enerxética aplicada a múltiples sectores como a edificación, iluminación, climatización, procesos industriais ou como modelos de negociado a través de innovadoras fórmulas de investimento.
Visita municipal
Os peques invadiron o plenoExclamacións como "mi madriña!" tomaron o pleno municipal o pasado venres. Un total de 76 nenos e nenas de 2º de Primaria do CEIP Bergantiños estiveron visita na Casa do Concello. Ademais de realizar un percorrido polas instalacións e aprender máis sobre a administración local cos traballadores e traballadoras municipais, tamén estiveron no salón de plenos falando co Alcalde, Evencio Ferrero, e co Concelleiro de Obras e Servizos, Luís Lamas.
Falaron sobre cuestións do día a día nunha vila como Carballo, como a presenza dos murais de "Derrubando muros con pintura".
Está previsto que o luns 9 de novembro visiten as dependencias municipais nenos e nenas do CEIP Gándara-Sofán.
Traballos no Pavillón
Xa está asinado o contrato para a "Substitución da cuberta no Pavillón Polideportivo Municipal Vila de Noia", no que estiveron presentes o Alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, e un representante da empresa Ediserpo SL, adxudicataria dos traballos por unha cantidade de 261.657,66 euros. O prazo de execución das obras é de 33 días naturais, aínda que tamén depende das choivas.
Máis tarde o Alcalde tamén asinou hoxe o contrato de obras de "Pavimentación na rúa Lugo e varios espazos urbanos" para o acondicionamento de aparcadoiros na capital municipal con representanes da empresa Lancer Proyectos y Obras SA.