Mércores. 25.11.2020
El tiempo

O Carballo Interplay desenvolverase integramente por streaming

O Carballo Interplay desenvolverase integramente por streaming

Non pode ser “híbrida” esta sétima edición do Carballo Interplay. Pero ningún evento do mundo ten máis sentido que este para desenvolverse integramente pola rede, así que a organización non decae, propón ante a evolución da crise sanitaria unha edición 100% dixital, mantendo unha programación espectacular para realizar os días 18, 19, 20 e 21 de novembro dende Carballo para todo o mundo.

”A cultura é segura”, apunta a directora do festival Sonia Méndez, pero dadas as circunstancias toca facelo así. "O Carballo Interplay é un festival de contidos dixitais, vimos da Internet e este ano imos ter que volver á rede, para coidar, para coidarnos e para demostrar que a esencia do festival non reside en nada máis que en compartir creatividade e amor dixital, ben sexa en persoa ou a través das plataformas".

Así, todas as actividades do festival poderán verse de xeito libre e gratuíto a través de varias plataformas (Youtube, Facebook e Twitch).

Tecnoloxía de vangarda, e cine

E para darlle ademais o toque tecnolóxico, os especialistas Carlos Seijo (Maxina) e Toño Cabanelas (Liveforevr) explicarán as posibilidades creativas que ofrecen os efectos dixitais, a realidade virtual e mixta ou a intelixencia artifical, nunha actividade que conta coa colaboración da Asociación Galega de Proferionais da Dirección e da Realización (CREA).

Ollando cara o cine, a directora do Carballo Interplay, Sonia Méndez, falará con Ana Domínguez (directora do S8) e Ángel Sánchez (director do Play Doc) sobre as fórmulas aplicadas polos festivais audiovisuais galegos no contexto da pandemia, nunha sesión organizada en colaboración coa Coordinadora Galega de Festivais de Cinema (Proxecta).

FormaCIP en tempos de Coronavirus

O Carballo Interplay adaptou o seu programa formativo á situación actual e na semana do festival ofrecerá un obradoiro sobre Como emitir en streaming sen morrer no intento, impartido por Jorge Boquete. O curso, de 12h horas de duración, custa 25€ e poden asistir un máximo de 12 persoas, que aprenderán as claves para emitir contidos audiovisuais por streaming de xeito semiprofesional. As persoas interesadas poden consultar o programa completo e os requisitos técnicos na web do Carballo Interplay, onde tamén poderán formalizar a inscrición.

Máis i¡nformación

Novas relacionadas

comentarios