Luns. 13.07.2020
El tiempo

O Carballo Interplay prepara unha “edición híbrida” en novembro

O Carballo Interplay prepara unha “edición híbrida” en novembro

Alegría a que vén de enviar a organización do Festival de Contidos Dixitais Carballo Interplay. A comezos da pandemia anunciaban o adiamento da VII edición do festival, que estaba previsto a para primeira semana de abril. Pero a día de hoxe poden anunciar que van artellar unha edición "híbrida" os días 18, 19, 20 e 21 de novembro deste ano.

Mantendo o criterio da "responsabilidade colectiva" e a prioridade de "evitar calquera risco de contaxio", o equipo do evento ultima un formato feito a medida para o festival, que priorice os contidos virtuais pero que non desbote -se a situación sanitaria o permitise- a celebración dalgunha actividade presencial.

Unha gran nova para esta cita, convertida nos seus 7 anos de vida no festival de contidos dixitais máis importante do Estado. Unha cita de referencia para o sector dixital global que cada ano ofrece, dende Carballo para o mundo, unha panorámica da innovación na rede a nivel galego, español e internacional, cunha completa Sección Oficial con webseries de todo o mundo e cun programa de actividades coas que aprender e divertirse arredor dos contidos para Internet.

Novas relacionadas

comentarios