Mércores. 25.11.2020
El tiempo

7 webseries galegas porán o acento ao Carballo Interplay

As 7 webseries en galego para o Interplay Versión: @Destapando_Casares, Os 20 do XX, Capitán Breomán, Save e amigos, Mataría Microserie, Adegas da memoria e S.E.X.
As 7 webseries en galego para o Interplay Versión: @Destapando_Casares, Os 20 do XX, Capitán Breomán, Save e amigos, Mataría Microserie, Adegas da memoria e S.E.X.
7 webseries galegas porán o acento ao Carballo Interplay

Un concerto de Verto e a inmersión na rede máis feminista, divertida e disidente son algunhas das claves desta “edición híbrida” do VII Festival de Contidos Dixitais Carballo Interplay. Pero as grandes protagonistas son as 31 webseries de todo o mundo que se proxectarán entre o 18 e o 21 de novembro.

Propostas chegadas de Arxentina, Uruguai, Chile, Estados Unidos, Canadá, Reino Unido, Austria, Francia e Portugal, ademais de Galicia, Cataluña, Euskadi e do resto de España, coa comedia como fío principal pero con moitas máis temáticas.

As nosas favoritas son as 7 webseries galegas, e en galego, que competirán por un dos premios de 800€. Serán proxectadas na tarde do xoves 19, ás 16h30, no Auditorio da Casa de Cultura de Carballo, baixo un estricto protocolo, e con reserva anticipada, por suposto. O venres será para a sección internacional e o sábado para a categoría estatal.

Clausura

Xose Barato presenta o Interplay
Xosé Barato presentará a clausura

A clausura do Festival, que se emitirá por streaming, reflexionará sobre a nova forma “dixital” de relacionarnos. E o presentador será Xosé Barato, que -baixo a dirección de Sandra Lesta- encarnará a Xoan Manoel Esparís, divulgador das claves do Amor en Dixital.

Novas relacionadas

comentarios