Venres. 29.03.2024
El tiempo

COVID: 7 Concellos en Alerta Vermella (Cee únese á lista) e 19 ingresados no HVdX

Mapa coronavirus Galicia 8 novembro 2020
Mapa do impacto do coronavirus en Galicia cos datos deste 8 novembro 2020
COVID: 7 Concellos en Alerta Vermella (Cee únese á lista) e 19 ingresados no HVdX

Continúa o COVID aumentando o seu impacto na comarca. Cobra máis sentido que nunca facer caso das recomendacións do noso epidemiólogo de cabeceira, o muradán Juan Jesús Gestal Otero, que nos invita a manternos o máis confinados posibles. Porque os datos deste 8 de novembro sinalan que son 7 Concellos en Alerta Vermella (Nivel 3) na Costa da Morte.
Ademais, outro dato preocupante son os 19 ingresados no Hospital Virxe da Xunqueira por COVID, a cifra máis alta dos últimos meses.

  • Nivel de Alerta 3 (con máis de 21 casos confirmados por PCR nos últimos 7 días): Carballo, Malpica, Ponteceso, Cabana, Vimianzo, Santa Comba e Cee.
  • Nivel de Alerta 2 (entre 14 e 21 casos confirmados por PCR nos últimos 7 días): Coristanco, Zas Laxe, Muros e Camariñas.
  • Nivel de Alerta 1 (entre 7 e 14 casos confirmados por PCR nos últimos 7 días): A Laracha e Muxía.

Só so 5 os concellos sen alarma sanitaria: Fisterra, Corcubión, Dumbría, Mazaricos e Carnota.

Evolución

Ollando as táboas do SERGAS, vemos como o número de persoas diagnosticadas a través de PCR xa é máis alto que durante os meses máis duros da pandemia, pero a taxa de infeccións por test PCR realizados aínda está lonxe daqueles días de finais de marzo e principios de abril, cando se chegou a un 33% de infectados, manténdonos agora arredor do 9%.

Ademais, outros datos singulares a nivel galego é que o 54,3% das persoas positivas son mulleres, e que o 90,7% das persoas falecidas son maiores de 70 anos.

Numero de infectadas por Test realizandos en galicia de marzo a novembro 2020Porcentaxe de infeccions por Test realizandos en galicia de marzo a novembro 2020

Entrevista

Máis novas do COVID

 

Comentarios