Carballo mellora a rede viaria e as zonas verdes do polígono industrial de Carballo co apoio da Deputación
O alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, e o concelleiro Xosé Regueira, na súa calidade de deputado provincial de Cooperación, Plans Provinciais Xerais, Asistencia a Municipios, Turismo e Patrimonio Histórico-Artístico, asinaron o convenio que permitirá acometer a mellora das zonas verdes e os aparcamentos do polígono industrial, cumprindo así o compromiso acadado coa Asociación de Propietarios As Eiroas. A Deputación da Coruña achega 117.190 euros para un investimento total de 146.488.
Os empresarios queren acondicionar a zona verde, plantar máis árbores autóctonas e crear máis prazas de aparcamento, ademais de crear unha senda peonil que una o polígono co centro urbano. Outra das reivindicacións dos usuarios é a mellora da rede viaria, para a cal dende o Concello de Carballo estase a tramitar outra subvención.
Fonte
- BNG de Carballo.