Carballo pavimenta 8.000 metros cadrados para cinco novos aparcadoiros gratuítos

10:45 06/09/22
O Concello de Carballo está pavimentando 5 zonas para novos aparcadoiros gratuitos. Estas son as localizacións e as superficies aproximadas:
- Pazo da Cultura: 2.250 metros cadrados
- Rúa Perú: 2.250 metros cadrados
- Rúa Río: 700 metros cadrados
- Fórum Carballo: 1.000 metros cadrados
- Depósitos de auga: 2.200 metros cadrados
As obras comezaron na zona dos depósitos de auga, no barrio do Chorís, e ata alí desprazouse o alcalde, Evencio Ferrero, coincidindo co inicio dos traballos. O Concello de Carballo realizará un investimento de 153.845,38 euros, segundo o contrato asinado en agosto coa empresa adxudicataria.
En todos os casos os traballos inclúen a explanación, sumidoiros, gabias e pavimentación con aglomerado.
A mellora dos aparcamentos retrasouse debido a que foi preciso realizar a licitación do proxecto dúas veces.