Mércores. 27.01.2021
El tiempo

Carballo solicita os Fondos europeos Next Generation EU para axilizar o Plan de Arnados e Pedra do Sal

Carballo solicita os Fondos europeos Next Generation EU para axilizar o Plan de Arnados e Pedra do Sal

Xa está presentado o Plan especial de protección, infraestruturas e dotacións de Arnados-Razo. Un Plan ambicioso, cun horizonte de 16 anos, e un orzamento de 6,5 millóns de euros.

Para intentar axilizalo o Concello vén de presentarse aos fondos europeos Next Generation EU, que inxectarán 750.000 millóns de euros na economía dos estados membros para facer fronte ás consecuencias económicas e sociais da pandemia provocada pola COVID-19. Carballo solicita 11,6 millóns de euros, o que serviría para financiar a obra completa e axilizar os prazos.

O proxecto foi remitido xa á Consellería de Facenda da Xunta, que é o primeiro filtro, pero o goberno municipal de Carballo está á espera tamén da apertura unha canle directa de tramitación por parte do Goberno do Estado. Unha das particularidades dos fondos Next Generation EU é que o procedemento será moi rápido, xa que en abril deberían coñecerse os proxectos seleccionados e a finais do ano 2023 deberían estar executados.

Novas relacionadas

comentarios