Luns. 06.04.2020
El tiempo

Máxima expectación para coñecer o Plan Especial de Pedra do Sal

Máxima expectación para coñecer o Plan Especial de Pedra do Sal

Quedou pequeno o Centro Social de Imende para presentación da proposta inicial do Plan Especial de Pedra do Sal. Un proxecto de gran calado, pois define o desenvolvemento urbanístico dunha área de 330.000 metros cadrados de solo rústico e de núcleo rural nun horizonte de 16 anos, e cun orzamento de 6,5 millóns de euros.

Un proxecto que contempla 18 actuacións que ten como obxectivo ordenar o bordo litoral para o uso das praias e preservar e protexer a paisaxe e os espazos naturais. Un proxecto que tivo varias fases, con alta participación cidadá e que agora agarda os informes previos de Costas do Estado e da Xunta para ser sometido a participación inicial. Unha vez superado ese trámite abrirase un período de exposición pública e consultas durante dous meses, no que a veciñanza tamén poderá presentar alegacións.

Por fases

Nos primeiros catro anos o Concello de Carballo debería:

  • Asumir a mellora do acceso ao núcleo e a construción dunha rotonda na estrada provincial,
  • A adquisición dunha parcela de servizos,
  • A ampliación e o acondicionamento da rúa do Pinar,
  • A creación dun aparcadoiro permanente e outro de tempada,
  • A construción dunha pasarela litoral Baldaio-O Pinar.
  • A creación da zona verde do Monte das Saíñas.

No segundo cuadrienio están incluídas:

  • A mellora e o acondicionamento da rúa litoral de Pedra do Sal.
  • A creación de tres zonas verdes.
  • A construción dun equipamento multiusos.
  • Un aparcadoiro con servizos para autocaravanas.

Nos últimos anos uedaría:

  • O acondicionamento dos viarios interiores da Pedra do Sal e As Saíñas-O Pinar.
  • A creación doutras zonas verdes.

Regulación

Na delimitación de áreas é importante ter en conta que estamos nunha zona de alto valor ecolóxico, polo que o Plan Especial debe regular a normativa urbanística, as condicións de usos de parcelas e edificacións, ou as infraestruturas como auga, internet, saneamento…

Novas relacionadas

comentarios