sábado. 09.11.2024
El tiempo

Carballo súmase á Hora do Planeta

Hora do Planeta 2023-Carballo
Carballo súmase á Hora do Planeta

Apenas recibimos constancia de que só o Concello de Carballo se vai sumar á Hora Planeta cun apagamento simbólico do alumeado público da Praza do Concello.

Ao igual que en edicións anteriores, o Concello de Carballo sumarase este sábado 25 á Hora do Planeta, unha iniciativa da ONG de protección da natureza WWF coa que se pretende demostrar que xa non hai volta atrás e que todas e todos somos parte da solución ao cambio climático. O lema deste ano é “Apaga a luz. Dálle unha volta ao planeta”.

Así, no marco da estratexia 2030, farán un apagamento simbólico da iluminación da Praza do Concello e das rúas da contorna de 20:30 a 21:30 horas.

Convidan igualmente á á veciñanza a que reforce esta iniciativa apagando as luces dos seus fogares e/ou negocios durante unha hora, un pequeno xesto que o noso planeta ben merece.

Comentarios