Venres. 03.05.2024
El tiempo

Carballo e Laxe tamén comezan a campaña de trampeo de velutina

Trampas de velutina en Carballo
Carballo e Laxe tamén comezan a campaña de trampeo de velutina

Os Concellos de Cabana, Dumbría e A Laracha anunciaban onte o comezo da campaña de trampeo para capturar a maior cantidade de raíñas de avespa velutina neste tardío inverno.

Hoxe tócalle ao Concello de Carballo anunciar a nova campaña de trampeo, unha vez que xa comprobou que xa apareceron os primeiros exemplares capturados nas trampas colocadas en espazos públicos

O Concello de Carballo, que foi pioneiro en Galicia ao poñer en marcha no ano 2017 a primeira campaña de trampeo da avespa velutina, convoca a veciñanza para unirse contra esta invasora que ameaza especies autóctonas fundamentais para o noso equilibro natural

A campaña está aberta a toda a veciñanza e se queres sumarte só tes que achegarte a partir do venres 1 de marzo, ata a oficina da empresa concesionaria do Servizo Municipal de Control de Pragas, Plaguiber, na rúa Brasil, número 27.

En canto aos niños que poidan ir aparecendo, lembra que os avisos deben realizarse a través do teléfono da Xunta de Galicia 012.

Comentarios