Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Carballo tece máis pontes con Uruguai

embaixadora_uruguai-Carballo
Carballo tece máis pontes con Uruguai

Xa estivo o consul o pasado mes de setembro, pero semella que as redes tecidas entre Carballo e o Uruguai fanse máis tupidas. Onte o Concello carballés recibía por primeira vez á embaixadora de Uruguai en España, Ana Teresa Ayala Barros, que chegou acompañada do propio cónsul Ramiro Rodríguez Bausero.

“Es un honor estar aquí”, asegurou a embaixadora durante a xuntanza institucional, e antes de manter un encontro con representantes da comunidade uruguaia do concello.

O alcalde aludiu á importancia da comunidade uruguaia, que nalgún momento chegou a contar no noso concello con 700 membros e dúas asociacións. Hoxe non son tantas, pero segue habendo moita presencia uruguai na capital de Bergantiños, así como moitos carballeses na ribeira do río da Prata.

A embaixadora asinou no Libro de Honra e intercambiou agasallos co alcalde, que ademais de obsequiala coa figura do carballo de Sargadelos tamén lle fixo entrega dunha camiseta da campaña que o Concello está a desenvolver con motivo do 25 de novembro.

Novas relacionadas

Comentarios