Carballo arrinca unha nova edición do Derrubando Muros con Pintura
Trala presentación realizada a finais de xullo, O Concello de Carballo presenta xa o programa para a edición de verán do proxecto “Derrubando Muros con Pintura”. Ese proxecto que humaniza a vila a base de arte, que leva 8 anos convertindo os edificios en lenzos.
Serán 4 os novos murais que gañará Carballo con esta edición, tras días de proceso artístico que poderemos disfrutar de primeira man entre hoxe xoves 12 e o domingo 22 de agosto.
Trátase ademais dunha aposta por novos valores da vila, xa que todos os artistas son moi xoves, ningún supera os 25 anos e unha delas ten só 19 anos. Eles son:
- Isa Bermúdez, que actuará na rúa Xazmíns.
- Nere Rama “Bailando na lúa”, que pintará na traseira da Ludoteca Municipal.
- Nazaret, que estará traballando na rúa Igrexa (zona parking do San Martiño).
- Tucho, que pintará na rúa Fábrica (nova ubicación xa que por un contratempo de último momento, finalmente non poderá ser no IES Alfredo Brañas).
Actividades paralelas
Sábado 14 de agosto no palco da rúa Jacinto Amigo Lera. Con acceso libre ata completar aforo COVID:
- 20.30 h. Faladoiro. Encontro cos catro artistas que pintan este verán en Carballo: Isa Bermúdez, Nere Rama “Bailando na lúa”, Nazaret e Tucho. Moderado pola Concelleira de Mocidade, Maruxa Suárez Cotelo.
- 21.30 h. Recital poético con Rosalía Fernández Rial, escritora e poetisa carballesa.
- 22.00 h. Concerto con Mr. Kilombo. Miki Ramírez, aka Mr Kilombo, xunto a toda a súa banda, ofrece unha posta en escena enérxica dentro da xira por toda España Contra todo pronóstico, que está en marcha desde principios de 2021
Xoves 19 de agosto:
- Obradoiro de rotulación. De 10.00 a 14.00 h. nun escaparate do Mercado Municipal. Para maiores de 16 anos. Necesaria preinscrición previa. Valorarase que o perfil dos e das interesadas estea relacionado coas belas artes. Aforo máximo 8 persoas.
Domingo 22 de agosto (distintas ubicacións):
- 10.00 h. Obradoiro de pintura para crianzas. De 10.00 a 14.00 h. en dúas quendas: de 10:00 a 11:45 e de 12:00 a 13:45 h. As nenas e nenos que participen terán a oportunidade de pintar un novo mural na rúa Buenos Aires coa axuda dos e das artistas. Para nenas e nenos de 6 a 11 anos. Necesaria inscrición previa. Aforo máximo de 10 crianzas por quenda.
- 20.30 h. Ruta guiada polos murais finalizados. Será necesaria inscrición previa ata completar aforo COVID. Saída dende o Museo de Bergantiños-Oficina de Información Turística.
- 21.30 h. Concerto con Pauliña. Palco da Rúa Jacinto Amigo Lera. A artista de Cambados vén de lanzar o seu terceiro traballo discográfico baixo o título Testemuñas e durante o concerto reflectirá o contido do álbum, que ten aproximacións ao blues, ao rock, ao country e mesmo ás rancheiras e ao reggae. Acceso libre ata completar aforo COVID.
As inscricións nos obradoiros realizaranse a partir do xoves 12 de agosto a través dun formulario online que estará dispoñible en www.derrubandomuros.gal e tamén pode pedirse +info en [email protected] e nos teléfonos 981 702 077 | 698 156 402
As inscricións para a ruta guiada polos murais poderán facerse a través de [email protected] e nos teléfonos 981 702 077 | 698 156 402, tamén a partir do 12 de agosto.
Novas do Rexenera
- Xullo 2021: A creatividade local segue enchendo de cor Carballo nunha nova edición do “Derrubando Muros con Pintura”.
- Xuño 21: “O Rexenera Fest fai Carballo máis camiñable e agradable de pasear”.
- Maio 21: O Rexenera Fest, a mellor vacina contra o feísmo.
- Rexenera 20: Xosé Regueira, sobre o Rexenera Fest: "Necesitabamos osixenar a mente e a cultura é a mellor maneira de facelo”.
- Rexenera 2019: Así son os novos murais que enchen a Carballo de máis cor.
- 2019: A arte urbana segue reinventando a Carballo.
- Rexenera 2018: Carballo suma cinco novas obras de arte á súa galería ao aire libre.
- Rexenera 2017: O Rexenera Fest enche de cor as fachadas de Carballo
- Rexenera 2017: Carballo convírtese no referente en arte urbana co Rexenera Fest
- Rexenera 2016: Carballo convírtese no referente en arte urbana co Rexenera Fest.
- Rexenera 2015: Carballo, de exemplo de feismo urbanístico a gran museo ao aire libre.