mércores. 21.05.2025
El tiempo

O Centro Social de Oza acolle un plenario aberto de Queremos Galego

Xurxo Souto na manifestación do pasado 17N
Xurxo Souto na manifestación do pasado 17N
O Centro Social de Oza acolle un plenario aberto de Queremos Galego

O Centro Social de Oza acolle o vindeiro 24 de abril, ás 20:00h, un plenario-foliada comarcal de Queremos Galego, no que a plataforma de entidades en defensa da nosa lingua perfilarán conxuntamente a gran manifestación-foliada nacional que terá lugar o 17 de maio, Día das Letras Galegas, entre a Alameda de Santiago e a Praza do Obradoiro.

Tamén se levará a cabo unha foliada coas agrupacións e tocadores que se animen a tocar, como antesala do que ocorrerá o vindeiro 17 de maio.

Todas as entidades e persoas que o desexen poden participar nestes plenarios para avaliar a situación da lingua galega, así como na definición das accións a realizar partindo da proposta de puntos mínimos e medidas urxentes exposta en novembro por Queremos Galego, para comezar a reverter a emerxencia lingüística e repoñer o noso idioma en todos os espazos onde está excluído.

O coordinador do encontro, Xabier Cancela, recorda que “os datos de uso e coñecemento do galego que ofrece o IGE evidencian o estado de emerxencia lingüística extrema ao que chegamos”, mais tamén que “cada vez que a sociedade galega se activou pola súa lingua conseguiu frear a perda de falantes”. 

Máis novas

Comentarios