Venres. 26.04.2024
El tiempo

Cicl-ando: Carballo exporta experiencia de mobilidade sostible

  • O Polígono de Carballo incorpora a estratexia de sostibilidade Global Reporting Initive (GRI)
juan_seoane_poligono-Ciclando
Cicl-ando: Carballo exporta experiencia de mobilidade sostible

Segue dando que falar por todo o mundo o proxecto Cicl-Ando Carballo. Desta volta, foi o alumnado do Curso de Especialización en Sustentabilidade e Innovación Social (CESIS) impulsado pola Cátedra Inditex e a Universidade da Coruña, os que coñeceron de primeira man esta experiencia sobre como un concello pode fomentar a mobilidade sostible.

A charla informativa tivo lugar no Polígono de Bértoa, xa que os polígono forma parte do programa de aprendizaxe da cátedra. 

Foi o concelleiro de Mobilidade, Juan Seoane, o encargado de debullar a estratexia de mobilidade urbana elaborada polo Concello de Carballo; as súas características e os obxectivos cos que foi concibido: reducir a pegada de carballo impulsando unha mobilidade máis sustentable, empezando por dúas zonas de grandes concentracións como son a praia de Razo, principalmente durante a época estival, e o polígono de Bértoa, como principal centro de traballo do concello.

Global Reporting Initive (GRI)

Coa información que recollan os estudantes durante os vindeiros meses, ao final do curso achegarán á comunidade de propietarios do polígono “solucións prácticas aos retos e oportunidades detectados, en forma dun plan de acción que se axuste á información e retroalimentación que se lles fornecerá desde o propio polígono no transcurso do proxecto”, tal como explican dende a propia entidade.

Este traballo formará parte da memoria anual do polígono, que será a primeira elaborada segundo os estándares fixados pola Global Reporting Initive (GRI), “unha das máis relevantes iniciativas internacionais para o reporte do desempeño económico, ambiental e social á que se han adheridos xa miles de empresas e organizacións de todo o planeta; no caso do polígono de Carballo sería unha iniciativa pioneira en Galicia na adopción deste tipo de medidas de reporte e transparencia no ámbito das entidades de xestión de parques e polígonos industriais”, sinalan.

Comentarios