O cociñeiro carballés Miguel Giaquinto marida gastronomía italiana e bergantiñá na Feria de Bilbao

O cociñeiro Miguel Giaquinto, da trattoria-pizzería Vesubio de Carballo, foi o encargado esta mañá de abrir o programa de showcookings cos que a Deputación da Coruña está a promocionar a gastronomía da provincia na Feira “Expovacaciones”. Un ano máis, a área de Turismo, acode a esta cita internacional que se celebra en Bilbao para dar a coñecer destinos e recursos turísticos ante público especializado.
Faino con stand propio e esta clase de eventos que atraen a moita xente. A presenza de Giaquinto "se trata dunha fusión moi interesante” asegura Xosé Regueira, vicepresidente e deputado de Turismo, “que combina unha cociña de concepto italiano co produto de proximidade, e que encaixa perfectamente na filosofía da promoción da campaña ‘A provincia que sabe’ baseada, precisamente, en parámetros de sustentabilidade e compromiso co territorio”. Miguel Giaquinto elaborou para o público de Expovacaciones unha receira de rissotto en dous tempos con boletus da comarca de Bergantiños e un plato de pasta della Galizia con grelos e polbo.
Na xornada do sábado, será o cociñeiro Antonio Amenedo, do Pazo Santa Cruz de Mondoi, de Oza-Cesuras, o encargado de dar a coñecer a gastronomía da Reserva da Biosfera das Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo; e o domingo, o protagonismo será para o cociñeiro Miguel Mosteiro, de Gastrolab Arousa, en Boiro, que dará a coñecer os produtos da comarca de Barbanza-Arousa.