Venres. 19.04.2024
El tiempo

Completa axenda para o Verán no Xardín municipal carballés

cartel_veran_cultural-Carballo
Completa axenda para o Verán no Xardín municipal carballés

Aínda arrincando o programa polo San Xoán, e Carballo xa pensa nos meses de xullo e agosto. E para non perder comba, o Concello xa prepara unha serie de concertos, circo, danza, maxia, literatura, cine e festas populares para encher o chamado o Verán Cultural.

Arrinca do 7 ao 10 de xullo co programa da Praza dos Libros, sobre o que xa afondaremos.

O venres 8 de xullo, concerto con Bellón Maceiras e Mamá Cabra para a cativada.

O sábado 9 de xullo, Xosé Lois Romero e Aliboria presentan un concerto de voces e percusión tradicional baseado no primeiro terzo do século pasado.

Xa o sábado 15 de xullo, Nova Galega de Danza trae Leira.

O sábado 22 de xulllo, Xurxo Fernades trae a súa voz única.

O sábado 29 de xullo, Uxía e Javier Ruibal traen a Rosalía e a Loca en clave musica.

O sábado 5 de agosto unha das citas do verán: concerto de Boyanka Kostova, o trap rural que arrasa en todo o estado.

O venres 12 de agosto, circo con Destrouanuts.

E o venres 26 de agosto, festival de música e baile tradicional, para pechar.

Novas relacionadas

  • O San Xoán carballés xa ten programa e cartel.
  • Comentarios