Venres. 29.03.2024
El tiempo

Comprometida a terceira fase do proxecto de mellora da travesía de Sísamo

Evencio e Valentin en Sisamo
Evencio Ferrero e Valentín González Formoso en Sisamo
Comprometida a terceira fase do proxecto de mellora da travesía de Sísamo

Recibía onte Carballo a visita do presidente da Deputación, Valentín González Formoso, para formalizar o compromiso provincial da futura execución da terceira e última fase do proxecto de mellora da estrada DP-1901 que vai de Carballo a Sísamo. O ente provincial leva investido preto de un millón de euros nas melloras da travesía de Sísamo e agora completará o tramo final cun novo investimento de 1,7 millóns, sendo un dos investimentos máis importantes que leva feito a Deputación en vías nos últimos anos.

As obras serán desde o PK 0+810 ata o remate do vial no PK 2+570, no lugar do Outeiro. Pola súa banda, o Concello de Carballo comprométese a facerse cargo da titularidade da estrada unha vez rematada esta derradeira fase das obras.

A expedición tamén se achegou á sede da Asociación de Veciños “Santiago Apóstol” de Sísamo, onde explicou o proxecto.

Comentarios