Venres. 29.03.2024
El tiempo

O Consello Parroquial de Sofán pediu máis seguridade na estrada autonómica

Carballo consello_parroquial_sofan 2022
O Consello Parroquial de Sofán pediu máis seguridade na estrada autonómica

Tralo de Oza, a segunda parada dos Consellos Parroquias de Carballo celebrouse esta semana en Sofán. Esta ferramenta de participación cidadá continúa achegando á veciñanza á vida municipal.

A principal demanda da veciñanza é a mellora da seguridade viaria, tanto na estrada autonómica coma na pista do centro social. Pediron que se reduza a velocidade a 50 km/h e se pinten liñas continuas nos cruces e
pasos de peóns. O Concello asegurou que vai trasladar as inquedanzas á Xunta

Ademais, alcalde informou sobre as obras en marcha na parroquia, por 1,5 millóns de euros. Entre elas destacou a renovación do pavillón polideportivo do CEIP Gándara-Sofán (case listo), ou as melloras no campo de fútbol do Carral, que xa contan con partida orzamentaria de 298.000 euros.
Ademais, e tendo en conta consellos anteriores, o Concello realizará co apoio da Deputación a
pavimentación con aglomerado da vía que comunica Bolón (Sofán) con Vilar de Francos (Artes), por 255.140,47 euros, e a construción da rede de abastecemento de auga á zona baixa da parroquia de Sofán, por 700.171,12 euros. Esta última actuación foi especialmente valorada polas persoas asistentes á reunión, dados os problemas que están a sufrir este verán as traídas particulares.

Outro proxecto no que se leva traballando tempo é o de ensanchar a pista do centro social para poder habilitar unha senda peonil. O propio consello parroquial convocou aos propietarios afectados, pero, segundo se puxo de manifesto na xuntanza deste xoves, non semella doado acadar un acordo, polo que pediron a intervención do
Concello de Carballo.

Comentarios