mércores. 13.05.2026
El tiempo

Conta atrás para o V Xantar A Milagrosa

Xentes da Milagrosa de Carballo durante as festas do pasado setembro
Xentes da Milagrosa de Carballo durante as festas do pasado setembro
Conta atrás para o V Xantar A Milagrosa

A Asociación Cultural e Deportiva A Milagrosa contas os días para “V Xantar A Milagrosa 26”.

O evento celebrarase o sábado 6 de xuño nas instalacións do polideportivo do Colexio Xesús San Luís Romero, e pronto estarán as entradas á venda, e haberá que estar atentas porque as 500 cadeiras voan.

Xantar da Milagrosa

Os actos darán comezo ás 13:30 h. coa apertura das portas de acceso ó recinto escolar para dar paso a unha pequena sesión vermout amenizada polo DJ FranStone, un veciño máis do barrio, con un recoñecido prestixio e sempre presto a colaborar. A continuación, a partir das 15:00 horas, serviráse a comida que consistirá en empanada, langostinos, polbo á galega a fartar, churrasco de porco e tenreira, patacas frexidas, sobremesa e licores. Todo iso regado con viño branco e tinto, refrescos e auga. Rematado o xantar, mentras os comensais desfrutan do café e dos chupitos, celebraráse o tradicional sorteo de regalos.

O ano pasado foi novidade o sorteo dunha viaxe a Gran Canaria para duas persoas. Este ano, ademáis dos obsequios doados por distintas casas comerciais, sortearánse tres fins de semana en balnearios galegos, para duas persoas cada un en réxime de aloxamento, almorzo e acceso a zona termal. Tras a degustación de tan exquisito manxar voltará a música, dando paso a unha velada, aberta a tódolos públicos, que se alongará tanto como os corpos aguanten.

Tal e como sucedeu o pasado ano tanto a sesión vermout como o tardeo de despois da comida celebraranse no exterior do pavillón polideportivo, baixo unha carpa. Esto permitirá que todas aquelas persoas que, por motivos diversos, non poidan asistir á comida, sí poidan gozar da sesión vermout e do tardeo, se así o desexan.

As entradas para o evento póderanse adquirir a través dos membros da comisión organizadora ou no local social da Antiga Escola de Arrabales, en horarios de 18:00 a 20:30 h, de luns a venrs e os sábados e domingos entre as 11:00 e as 13:00 h.

Nesta celebración colaboran, ademais das casas comerciais e locais de hostalería, o Concello de Carballo e a dirección do Colexio Xesús San Luís Romero, a quen desde a comisión queren dar as máis expresivas grazas. 

Comentarios