COVID: Duplícanse os novos casos nas dúas últimas semanas
Dicíamos o venres que curva pica para arriba. Pero é que o aumento de casos activos na Costa da Morte tense triplicado en apenas 2 semanas. A primeira semana de xullo comezou a subir a tendencia despois de que o 26 de xuño tivésemos 77 novos casos detectados nos últimos 14 días. Dende aí a subida está sendo exponencial, pasando a 118 o 5 de xullo, a 160 o 11 e aos 320 rexistrados onte.
Unha cifra que daría unha incidencia acumulada a 14 días de preto dos 250 casos por cada 100 habitantes.
Preocupan os datos de Carballo, que non para de subir, chegando aos 132 novos casos detectados nos últimos 14 días, cunha incidencia acumulada que supera os 400 casos por cada 100.000 habitantes.
Non se libra A Laracha, coas cifras máis estacandas; ou Vimianzo e Fisterra, onde se detectaron 20 casos na última semana en cada concello.
Haberá que estar atento ás decisións deste martes-mércores do Comité Clínico, porque é posible que haia medidas.
Vacinación no Hospital Virxe da Xunqueira
O martes 20 están chamados 283 persoas de entre 40 e 49 anos para recibir a 2ª dose de Pfizer.
O mércores e o xoves son 365 e 300 veciñ@s de entre 30 e 29 os que reciban a 1ª cada día.
O venres non hai vacinación en toda a área sanitaria e o sábado tocaralle a 815 persoas de entre 30 e 30 recibir a 1ª dose de Pfizer.
MÁIS NOVAS SOBRE O COVID
- 16-07-21: COVID: A curva pica para arriba.
- 12-07-21: COVID: O Sergas afronta un novo cribado en Carballo pero non anuncia novas restricións.
- 12-07-21: COVID: O Sergas anuncia un cribado entre a mocidade da Laracha ante o repunte de casos na comarca de Bergantiños .
- 07-07-21: COVID: Levantan as restricións en Carnota.
- 30-06-2021: COVID: Sitúan a Carnota no nivel alto de restricións mentres que Camariñas e Malpica volven ao baixo.
- 28-06-21: COVID: Realizan un cribado tralo gromo detectado en Carnota.
- 23-06-21: COVID: Camariñas e Malpica mantéñense no nivel medio de restricións.
- 16-06.21: Camariñas e Malpica, dous dos tres concellos en nivel medio
- 05-06-21: Falece unha muller de 67 anos no HVdX.
- 03-06-2021: COVID: A Costa enteira queda sen restricións mentres avanza a vacinación.
- 01-06-21: COVID: Falece unha muller de 94 anos no HVdX