Mércores. 24.04.2024
El tiempo

COVID: A curva pica para arriba

Captura de pantalla 2021-07-16 a la(s) 10.45.39
Captura de pantalla 2021-07-16 a la(s) 10.45.39
COVID: A curva pica para arriba

55 novos casos máis detectados nos últimos 5 días dan conta do rápido aumento da gráfica do covid na Costa da Morte. Os 19 concellos da bisbarra pasan de rexistrar un total de 160 novos casos nos últimos 14 días o pasado 11, aos 217 de onte. Bergantiños volve ser a comarca con maior incidencia, pasando de 100 a 136, pero a curva en concellos como Vimianzo ou Fisterra tamén tende á álza.

Á espera dos datos do cribado de Carballo, a Xunta debullaba os datos do da Laracha. Eran citadas 926 persoas entre 18 e 30 anos, dos que acodían 458 (o 49,46%). O cribado arroxaba 2 casos positivos dando unha taxa de positividade do 0,44%. Así, a curva na Laracha está máis estancada na últia semana, onte con 30 novos casos detectados nos últimos 14 días.

Os dous concellos superan a barreira dos 250 novos casos por cada 100.000 habitantes da taxa de incidencia, a pesar do cal o Comité Clínico evitou tomar novas medidas.

Captura de pantalla 2021-07-16 a la(s) 10.39.02

MÁIS NOVAS SOBRE O COVID

Comentarios