Defenden o procedemento de contratación da praza de Policía Local de Carballo
Trala publicación esta semana en QPC arredor do contencioso aberto no procedemento na Policía Local de Carballo, o CSIF quere facer certas matizacións.
O Sindicato maioritario considera ”inxusto que que se difundan sospeitas” tratando de emborronar o proceso”, sinala en alusión ás verbas da CIG. “Sospeitas do proceso, do Alcalde e Secretario, dun Tribunal de 5 persoas independentes, da venda de prazas ou quen sabe sabe que máis, o mundo está todo confabulado contra alguén..., por certo, Contra quen?”, pregúntase Alfonso Espiñeira Espiñeira, presidente do sector da administración Local do CSIF en Galicia.
”Desde CSIF creemos firmemente na honorabilidade e profesionalidade de todos e cada un dos participantes neste proceso, desde os Funcionarios ata os políticos, pasando polos participantes”, sinalan, invitando a “acudir a Fiscalía” se hai dúbidas, pero “sen probas, parece probable que pouco caso lle van a facer, e é máis fácil sementar a dúbida”.
Vacinación
”Pedimos axuntar forzas para conseguir melloras nas condicións laborais da Policía Local, que por desgraza son moi mejorables a día de hoxe, e insistimos, en que o que máis nos está preocupando agora mesmo é que as Policías Locais da Costa dá Morte, e do resto de Galicia, son as únicas en España que non iniciaron os procesos de vacunación contra o Covid”.
Novas relacionadas
- 17-03-2021: A CIG lembra que o proceso de contratación da Policía Local está no Xulgado.
- Xaneiro 2021: Denuncian un novo expediente no seo da convulsa Policía Local carballesa.
- 28-12-2020: Denuncian a apertura de dous novos expedientes na Policía Local de Carballo.
- Novembro 2020: A Xespol segue espallándose por Galicia trala arquivación do expediente aos seus dous creadores carballeses.
- Outubro 2020: A Aso ciación de Policías Locais de Carballo piden a destitución do seu Xefe de Policía.
- Setembro 2020: O goberno carballés desoe as críticas de TEGA e ratifica a versión do Xefe de Policía.
- Outubro 2020: A Asociación de Policías Locais de Carballo piden algunha praza na OEP por mobilidade.
- Xuño 2020: O Concello de Carballo expedienta aos dous Policía Locais que crearon a XESPOL.