Venres. 26.04.2024
El tiempo

Denuncian que Gadis Hiper Carballo vulnera os dereitos de varias traballadoras negándose a usar o galego nas actas

Protestas no Hiper Gadis Carballo
Denuncian que Gadis Hiper Carballo vulnera os dereitos de varias traballadoras negándose a usar o galego nas actas

A Mesa pola Normalización Lingüística vén de denunciar diante do secretario xeral de UGT, José Antonio Gómez Gómez, e do Consello Galego de Relacións Laborais a discriminación lingüística que están a sufrir dúas traballadoras por parte do Comité de Empresa do Gadis Hiper Carballo, ao negárselles o dereito a recibir as actas na nosa lingua. A situación remóntase a 2019, cando varias delegadas de persoal solicitaron formalmente, por primeira vez, a redacción ou tradución ao galego das actas.

Elsa Quintas, vicepresidenta da Mesa, recorda que o artigo 52 da Declaración Universal de Dereitos Lingüísticos establece que “todas as persoas teñen dereito a exercer as súas actividades laborais ou profesionais na lingua propia do territorio”, que a Constitución Española declara a oficialidade da lingua galega no territorio da Comunidade  e que o Estatuto de autonomía de Galiza establece que o galego é a nosa lingua propia, que é oficial xunto co castelán, e que todos temos o dereito de o coñecer e usar e que "ninguén pode ser discriminado por causa da lingua que fale".

A Mesa solicítalle ao sindicato maioritario en dito comité, UGT, que cese na súa actitude discriminadora cara ás traballadoras do Gadis Hiper Carballo.

Comentarios