FUTFEM: O Muxía celebra outro título
- O Comité de Competición aprobou o descenso administrativo da Esteirana tras unha denuncia do At. Milagrosa.
Volveu ser Arliña o epicentro do fútbol costeiro, coa conseución do título da 2ª Div. Fem por parte do Muxía CF. Ano histórico para o club muxián, despois da consecución da Copa masculina, e a agora conseguir o título da 2ª Div. e o ascenso á 1ª García Ulloa.
Non fallaron as corviñas na mañá dominical. Recibían ao San Lázaro e tiñan que vencer para asegurar o título, nesta longa carreira contra o Tordoia. 7-0 endosaron as de Noe Iglesias ao conxunto lucense cos tantos de Barca (2), Eva Lema (4, e quedou a un gol de Rebeca na loiota polo pichichi) e un de Patri Romaní.
Os números das muxiás (30 vitorias, 1 empate e 1 derrota, con 159 goles a favor e só 37 en contra) dan conta do conseguido este ano por este grupo de amigas.
Descenso nos despachos da Esteirana
A cara máis amarga da competiciu pola contra, vívese estes días en Esteiro. Está sendo o fútbol coa Esteirana, e despois de aguantar o curso enteiro con graves problemas de efectivas e gañándose a permanencia no campo, ve como unha denuncia nos despachos provoca o seu descenso administrativo.
As de Fran Figueroa disputaron 3 xornadas consecutivas con só 10 xogadoras, o que, trala denuncia presentada polo At. Milagrosa, provoca a eliminación do equipo e o seu descenso automático. Non se atreveron as lucenses a pelexar no campo polos 3 puntos que lles aseguraban unha praza do playoff á que tamén aspiraba o Corme (que venceu en Maniños e completou tamén un curso incrible), e denunciaron ao equipo esteirán provocando este inxusto descenso, sen poder sequera, despedirse da súa afección.
Xallas e Cee preparan a gran final
A última xornada desta última liga en competición, deixou varias cousas, como o 2-1 do Xallas na 1ª Div. ante o Orzán B. Olalla e Claudia Facal farían os tantos para o equipo de Eloy, que partirá como favorito na gran final da Copa da Costa deste vindeiro domingo no campo de Fontenla.
En fronte estará o Cee, que vén coa marcha posta tras vencer 1-3 a un Dumbría que xa tiña feitas as maletas para ir de vacacións. Un tanto de Lurs, e dous de Pauliña Veriga, que chega nun gran momento de forma con 25 goles só nesta metade da temporada tras volver dunha longa lesión, serviron para que as ceenses cheguen á finalcon bo sabor de boca.
Crónicas da #LigadaCostaFEM
- X.22: O Outes consegue o ascenso á 2ª Div. e o EF Juan Cabrejo métense na promoción
- X.21: O Soneira remata o curso como único equipo invicto do Fútbol da Costa sénior.
- X.20: O Juan Cabrejo adianta ao Cabana na loita da #LigadaCostaFEM.
- X.19: O Outes mantén a praza de ascenso directo ante a presión de Cabana e Juan Cabrejo.
- X.18: O Soneira celebrou o título no Cubaleiro… e en Vimianzo!.
- X.17: O Soneira acariña o título e ábrese a loita polo 2º posto.
- X.16: Soneira e Juan Cabrejo prepáranse para a gran final.
- X.15: X.15: O Outes supera a un Cabana que caeu en Zas.
- X.14: O Corcubión frea ao Juan Cabrejo e o Soneira asume o liderato en solitario.
- X.13: O Soneira acouga ao Outes.
- X.12: O Ponteceso baixa ao Outes do primeiro vagón.
- X.11: O Outes alonxou ao Cabana da pelexa polo liderato.
- X.10: O Soneira pon a cousa quente.
- X.9: Juan Cabrejo, Soneira e Cabana pechan o ano en plena loita polo liderato.
- X.8: O Outes frea ao EFJC Camariñas e o Cabana cólase líder.
- X.7: O Soneira frea ao Juan Cabrejo.
- X.6: O Juan Cabrejo non perdoa.
- X.5: O Camariñas non cede nin co Cabana.
- X.4: 4 equipos seguen invictos.
- X.3: Xornada a medias moi igualada.
- X.2: Corcubión e Camariñas, un paso por diante.
- X.1: Comezou a rodar o balón.
Crónicas da 1ª e 2ª Div.
- X.27: O Muxía pasou outra proba de lume.
- X.26: O Muxía achégase ao título cunha remontada de garra e corazón.
- X.25: O Muxía bate tamén ao Dumbría.
- X.24: Só o Dumbría sumou de 3.
- X.23: Case pleno polo 8M.
- X.22: Esteirana e Dumbría selan táboas.
- X.21: O Muxía non ten piedade.
- X.20: Puntos de aniversario.
- x.17: Cee e Dumbría pecharon unha igualada primeira volta.
- X.16: O Muxía golea a un Cee cargado de baixas.
- X.15: Corme e Esteirana protagonizan o partido da xornada.
- X.14: Remata o ano con bo sabor.
- X.13: Repaso a unha xornada a medias.
- X.12: O Muxía recórtalle ao Tordoia a conta do Bergan B.
- X.11: Un pouco de todo para seguir na loita por todo.
- X.10: Escapa o Tordoia mentres o Corme supera ao Cee e alcanza ao Muxía.
- X.9: O Tordoia frea ao Muxía nunha semana con vitorias para Cee, Corme e Esteirana.
- X.8: Muxía e Dumbría demostran o potencia do Fútbol da Costa.
- X.7: Cee, Dumbría e Corme pegan un salto.
- X.5: No pelotón.
- X.4: Muxía e Tordoia presentan candidaturas<7a>.
- X.3: O Muxía mete medo.
- X.2: O Corme superou ao Dumbría nun partido máis igualado do que sinala o marcador.
- X.1: 1ª e 2ª FUTFEM: O Muxía presenta credenciais.

