Desconvocada a concentración de hoxe do persoal da recollida do lixo de Carballo trala apertura de negociacións
Esta mañá de xoves, o persoal da UTE Carballo tiña previsto realizar unha concentración en protesta pola falta de diálogo para alcanzar un acordo no marco da folga indefinida que vive o servizo de recollida de lixo.
Pero o persoal vén de acordar suspender a concentración despois de abrirse onte pola tarde unha mesa de negociación coa empresa, que continuará no día de hoxe.
O persoal tomou esta decisión de cara a facilitar as conversas e co ánimo de avanzar nun achegamento entre as partes. Non obstante, a folga indefinida continúa adiante mentres non se alcance un acordo de convenio colectivo que responda ás demandas da parte social.
Novo incendio dun colector
Con todo, esta mesma note de mércores a xoves, tivo lugar un novo (xa son demasiados) incendio dun colector de lixo. Desta volta foi na rúa Mahón.
Os Bombeiros, coa axuda da Policía Local e a Garda Civil de Carballo, sufocaron o lume.