Martes. 19.03.2024
El tiempo

Dous atrapados tras un novo accidente na Revolta

Accidente revolta carballo
Dous atrapados tras un novo accidente na Revolta

Eran as 23:00h da noite deste xoves cando rexistrábase un novo accidente na AC-552 a altura da Revolta, en Carballo. Dous vehículos colisionaban frontalmente, quedando atrapados os dous condutores. Un puido saír cando os sanitarios lle conseguiron abrir unha das portas sen necesidade de ferramentas. O outro condutor, o da furgoneta, estaba atrapado fisicamente xa que ten o salpicadeiro desprazado cara o interior, polo que os Bombeiros de Carballo tiveron que liberalo (houbo que desprazar o salpicadeiro con ferramentas hidráulicas e separar os ferros que o tiñan atrapado polas pernas) mentres os sanitarios se encargaban de estabilizar aos feridos, que estaban conscientes aínda que con numerosos golpes e posibles fracturas.

Ao lugar tamén acodiron 2 ambulancias SVB, médica e enfermeira PAC, Policía Local, SMPC Carballo, Atestados e Grúas Suso.

Comentarios