Venres. 29.03.2024
El tiempo

Dous feridos nun accidente en Ardaña por Noiteboa

accidente en ardana
accidente en ardana
Dous feridos nun accidente en Ardaña por Noiteboa

Non foi tranquila a noite de Noiteboa nas estradas da comarca. Dous vehículos sufrían un accidente ás 21:30 na DP-1914 en Ardaña, Carballo. Os dous condutores resultaban feridos, quedando un atrapado.

Os Bombeiros e os sanitarios procederon a atención aos feridos e na extracción co tableiro de rescate do ferido que estaba no interior do vehículo, sendo trasladados aos hospitais. Posteriormente realizaron a limpeza da vía, xa que había derrames procedentes dos vehículos. Tamén acodiron a Garda Civil, Policía Local e SMPC Carballo.

Comentarios