En marcha o novo selo de calidade do comercio carballés
Dende comezos de ano levan 20 empresas traballando neste proxecto. Unha unión que pretende aportar novas ferramentas para que os nosos sectores económicos máis importantes gañen en competitividade. E trala posta en marcha da marca “Carballo Compromiso Calidade”, “C3”, que distingue xa os servizos de 20 establecementos de hostalería, chega agora o selo de calidade para o comercio.
Despois dun exhaustivo traballo previo cunha profunda análise de debilidades e fortalezas, así como unha selección de 20 negocios que recibiron a visita do “Cliente Misterioso”, este mércores 25 terá lugar a presentación da nova iniciativa no Foro do Comercio de Carballo, unha xuntanza aberta a todo o sector que se celebrará ás 20.30 horas no Fórum.
Os comerciantes que decidan participar terán acceso a un programa formativo que incluirá unha sesión de asesoramento individual e dúas sesións formativas grupais sobre os aspectos que se consideren máis necesarios para darlle máis pulo ao comercio local. Haberá 30 prazas, e a xuntanza do día 25, que comezará ás 20.30 horas no Fórum Carballo, será unha boa oportunidade para que as persoas interesadas recollan toda a información.
Novas relacionadas
Fonte
- Carballo.