Sábado. 20.04.2024
El tiempo

As entidades medioambientais denuncian "a fragmentación territorial e paisaxística sen precedentes" dos novos proxectos eólicos

  • "As polignais dos parques eólicos Orzar e Tornado ocupan o equivalente a 3.300 campos de fútbol"
  • Piden ás alcaldías afectadas que se impliquen na tramitación destes parques e aleguen.
  • Berdoias tamén acolleu outra concentración
Xornadas informativos contra os eolicos en Carballo
Xornadas informativos contra os eolicos en Carballo
As entidades medioambientais denuncian "a fragmentación territorial e paisaxística sen precedentes" dos novos proxectos eólicos

Este sábado a Praza do Concello de Carballo acolleu a primeira das Xornadas informativas da recén constituída Coordinadora Bergantiñá pola Defensa da Terraarredor do novo Complexo Eólico da comarca. As entidades medioambientais, as encargadas de informar á poboación ante o silencio das administracións, puxeron o foco nos proxectos promovidos polo Ministerio de Transición Ecolóxica (por ser de máis de 50MW) na zona: os de Orzar, Tornado, de Pedrabante e Berdoias.

Unha sesión para denunciar “o sobredimensionamento das poligonais dos devanditos parques eólicos”, que provoca a “fragmentación territorial e paisaxística sen precedentes na Costa da Morte”. Lamentan ademais que implican unha clara “perda da biodiversidade e o aumento de enfermidades asociadas a esta, como o incremento de zoonosis. Ademais supón unha fragmentación evidente das explotacións madereiras, forestais e agro –gandeiras da Costa da Morte”.

Non mais eolicos en Carballo

E poñen un claro exemplo: “As poligonais dos parques eólicos Orzar e Tornado impulsados por Greenalia, xa con unha tramitación algo máis avanzada que os dous últimos, abranguen unha superficie de case 59 Km2 (Carballo ten unha superficie total de 186,1 Km2), o equivalente a 3.300 campos de fútbol profesionais ubicados entre os municipios de Carballo e Tordoia. “

En relación ao parque eólico Berdoias impulsado por Iberdrola, contempla a instalación de 17 muíños que acadarían unha altura aproximada de tres veces a catedral de Santiago e con 270 apoios que precisaría para estender a liña de evacuación ao longo de 11municipios. Ademais a poligonal desta parque acada ao medio do océano Atlántico e por enriba de toda a fachada litoral de Muxía e Camariñas entre o Cabo Vilán e o Cabo Touriñán.

Asinando alegacions contra os eolicos
As entidades levaron modelos de alegacións para que a veciñanza os asinase

Implicación dos Concellos

A Coordinadora Bergantiñá pola Defensa da Terra pide ás Alcaldías afectadas, especialmente á de Carballo, que se impliquen na tramitación destes parques e aleguen, como o fixeron o resto das Alcaldías de Galicia como as da Comarca do Deza, que se sacudiron de enriba os parques estatais polos prexuizos que irrogaban para os seus respectivos territorios.

Máis xornadas

As xornadas informativas que está a desarrollar a Coordinadora Bergantiñá continuarán o vindeiro sábado día 15 de maio, a partir das 17 horas na praza do concello de Carballo, para continuar informando sobre as problemáticas concretas de cada parte e asesorar ás persoas afectadas.

Concentración en Berdoias

 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 

A post shared by ADECOM (@adecom.gal)

Así mesmo, a ADECOM (que estará a vindeira semana en Carballo), co apoio de veciños e veciñas de Berdoias concentráronse no adro da igrexa da parroquia de Berdoias para pedir sinaturas para impedir a construción do Parque eólico Berdoias. A promotora deste parque é Iberdrola Renovables, S.A. e afectará aos municipios de Vimianzo, Muxía e Dumbría principalmente.

Novas sobre eólicos

Comentarios