Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Organizan unhas xornadas informativas para analizar o impacto do Complexo Eólico da Costa da Morte

Imaxe da construción do parque eólico Pena-Catasol en Laxe
Organizan unhas xornadas informativas para analizar o impacto do Complexo Eólico da Costa da Morte

Xa está en marcha a recén constituída Coordinadora Bergantiñá pola Defensa da Terra. E a primeira acción vai enfocada ao máis necesario para descifrar a avalancha de parques eólicos: a información. Esa información que non ofrecen as administracións, e que teñen ser os colectivos sociais os que a debullen.

A entidade, en colaboración coa Plataforma Salvemos os Penedos e ADECOM, organiza os dous vindeiros sábados unhas Xornadas Informativas sobre o que xa se denomina ”Complexo Eólico da Costa da Morte”.

A intención é expoñer as problemáticas de todos os parques da comarca facendo especial énfase nos catro macroparques tramitados polo Ministerio de Transición Ecolóxica, isto é: Orzar, Tornado, Berdoias e Pedrabante (que analizaremos mañá).

As sesións desenvolveranse estes vindeiros sábados 8 e 15 de maio na Praza do concello de Carballo, de 17:00h a 19:00h.

Xornadas informativas eolicos Carballo

A primeira parte será unha presentación global da problemática a nivel comarcal así como das implicacións da implantación masiva de estación eólicas, analizando a afectación á veciñanza, á paisaxe e o patrimonio, as problemáticas nas repotenciacións, a fragmentación fraudulenta de proxectos…
Despois haberá varias quendas de intervencións asumidas por representantes de colectivos afectados que poidan falar sobre cada unha das problemáticas sinaladas previamente.

Por iso, fan un chamamento á veciñanza de zonas afectadas, por exemplo, pola repotenciación eólica do parque G-3 de Corme, polos diferentes proxectos en concellos como Laxe, Vimianzo, Coristanco, Santa Comba, Carballo, Ponteceso, ou Cabana.

Novas sobre eólicos

Comentarios