Martes. 15.06.2021
El tiempo

Orzar e Tornado: Outros dous proxectos eólicos de Greenalia en Carballo

  • Greenalia ten en marcha ata 11 proxectos eólicos na Costa da Morte
Parque Eolico de Orzar-Carballo
Mapa do Parque Eólico de Orzar
Orzar e Tornado: Outros dous proxectos eólicos de Greenalia en Carballo

Seguimos enchendo o mapa da Costa da Morte de pequenas iconas con aspas. Si, os viraventos seguen ocupando a nosa paisaxe, e fano nesta pandemia a unha velocidade á que á sociedade non é capaz, nin ten recursos, para reaccionar. Sociedade que, por suposto, valora a aposta polas enerxías renovables, pero non a custe de hipotecar os nosos montes, a nosa natureza, a nosa paisaxe.

A semana pasada enteirábamonos dos impactantes proxectos de Bustelo e Baralláns en Cabana e Coristanco. Onte dabamos conta de dous novos proxectos que afectan a Vimianzo, Laxe e Camariñas. Hoxe imos á zona este de Carballo, onde se erguirán os xigantes aereoxeneradores de 200 metros de altura dos Proxectos Eólicos de Orzar e Tornado.

PE Tornado
Mapa do parque eólico de Tornado

A propia compañía Greenalia anuncia os proxectos antes de que saia na Plataforma ambiental da Consellería, destacando o que considera un investimento de 100 millóns de euros na comarca, e volvendo poñer cifras surrealistas sobre a creación de emprego (arredor de 1.200 postos de traballo entre construción e mantemento).

O parque de Orzar (56 MW) situarase entre os concellos de Carballo e Tordoia, onde se instalarán os 10 aerogeneradores de 5,6 MW de potencia unitaria cos que conta esta infraestructura. Tal e como recolle o proxecto, as máquinas terán 105 metros de altura de buje e 150 de diámetro de rotor e poderán xerar no seu conxunto máis de 175 GWh.

O PE Tornado, de 67,2 MW, estará integrado por 12 aeroxeneradores semellantes ao de Orzar, que se distribuirán entre os concellos de Carballo, Tordoia, Val do Dubra e Trazo.

Os dous parques eólicos irán conectados á LAT de Mesón-Campelo, actualmente en fase final de tramitación, “o que permite para estes proxectos un proceso de execución máis rápido e menos impacto ambiental, dado que non necesitan nova liña de evacuación”.

11 proxectos, só Greenalia

A empresa xa avisa que ten en marcha proxectos en marcha por un total de 270 MW de aquí a 2022. De feito, contabilizamos un total de 9 proxectos en marcha Greenalia na Costa da Morte:

Plan Eolo I:

Plan Eolo II:

 

Novas sobre os Eólicos

comentarios