Sábado. 24.07.2021
El tiempo

P.E. Berdoias: Ata 11 concellos afectados

Zonas de gandeiria na Costa da orte
Moias zonas de gandeiría veranse afectadas
P.E. Berdoias: Ata 11 concellos afectados

Ata 7 concellos son directamente afectados polo Proxecto Eólico de Berdoias e as súas estruturas de evacuación (Vimianzo, Muxía, Dumbría, Ordes, Cerceda, Santa Comba, Tordoia, Trazo, Val do Dubra, Zas e Carral) polo Proxecto Eólico de Berdoias. Un parque de 76 MW de potencia, e 17 aerexeneradores de 145 m de diámetro de rotor e 107,5 m de altura de buxe que se situarían entre Vimianzo, Muxía e Dumbría.

Outro deses 39 proxectos que se nos veñen enriba, sen que as administracións informen, tendo que ser as entidades sociais, como a Asociación Ambiental e Cultural Petón do Lobo, as que nos axude a debullarcomo afectan estes proxectos ao noso territorio.

Dende a entidade, ao faceren o cadro de características, destacan que, ademais dos 17 muíños, o proxecto inclúe 270 puntos para a Liña de Alta Tensión (LAT), que crea unha fragmentación do territorio e unha “afección moi severa ás familias que habitan os seguintes núcleos poboacionais próximos”, afectando a moitas zonas de gandeiría e plantacións.

Plantacions de Millo afectadas polos eolicos

Outros 30 proxectos_ Impacto global

”Ademais dos 17 muíños proxectados na entorna existen outros 30 parques eólicos o que produce un impacto brutal non só na paisaxe, incrementando o feísmo desta, senón no turismo e sobre todo no benestar das familias que habitan e viven nos núcleos próximos. Por outra banda, esta acumulación masificada de proxectos eólicos nunha mesma área produce unha fragmentación severa dos hábitats e unha perda de biodiversidade moi significativa e con graves prexuizos ambientais. O dano ambiental é inasumible”, denuncian mentres enumeran os parques:

  • Monte da Tella (Nova solicitude).
  • Patiñeiro (Nova solicitude).
  • Monte Outeiro (Nova solicitude).
  • Monte dá Croa (En tramitación).
  • Monte Chan (Nova solicitude).
  • Pena dos Mouros (Nova solicitude).
  • Logoso (Nova solicitude).
  • Alto da Croa (En construción).
  • Alto da Croa- CO/11 (En tramitación).
  • Alto da Croa II (En construción).
  • Ampliación a Alto da Croa II (En tramitación).
  • PE Cabo Vilán (repotenciación).
  • Coto Muiño (En tramitación).
  • Do Vilán (Construído).
  • Miñón (Construído).
  • Monte Redondo (Construído).
  • Monte Tourado (En construción).
  • Monte Tourado – Eixe (Construído).
  • Muxía (En tramitación).
  • Muxía I Modificado (Construído).
  • Muxía II Modificado (Construído).
  • Paxareiras II (Construído).
  • Paxareiras II- CO- 11(Construído).
  • Pena Forcada (modificado) Construído).
  • Camariñas (En tramitación).
  • O Barrigoso (Construído).
  • Ponte Rebordelo (Construído).
  • Valsagueiro (Construído).
  • Valsagueiro (aero adicional) (En explotación).
  • Viravento (antes Cabo Vilán) Construido).

Neste sentido, a eiva máis grande que o colectivo refrenda é a necesidade dunha avaliación global de todo este novo impulso eólico.

Outros impactos

O proxecto non fai avaliación da afectación aos recursos hídricos, a pesar de haber numerosos ríos e regos, entre os que destacan o río Castro, o rego do Garante, o rego do Pedreira, o río do Riotorto e o rego Pozo Grande.

Tampouco hai valoración do impacto ao patrimonio inmaterial, e as entidades lembran a afectación visual ás paisaxes do Camiño de Santiago, promovento á “descontextualización cultural do Camiño e incrementando o feísmo paisaxístico”.

A entidade que tamén ofrece un modelo de alegacións para quen queira presentar, lembra que o plan non inclúe unha avaliación sobre a afectación ao sector forestal e madereiro.

 Mapa do Parque Eolico de Berdoias

Informe eólicos

Máis novas eólicos

Máis relacionados

comentarios