Venres. 26.04.2024
El tiempo

A Escola Ambiental de Senda Nova lanzou outra colleita de Canteira Ecolóxica

Escola Ambiental Senda Nova 2022 1
A Escola Ambiental de Senda Nova lanzou outra colleita de Canteira Ecolóxica

Despois da Primavera en Ruta, botou o peche outra das actividades máis singulares da Asociación Senda Nova. A 10ª edición da Escola Ambiental organizaba no no Espazo da Natureza de Oza a súa última sesión do curso. Facíao con membros do Concello, familiares e amigos da rapazada participantes, así como o grupo de voluntari@s sempre fiel ás actividades da asociación.

Os 30 rapaces e rapazas que disfrutaron dos 25 sábados de achegamento á natureza, gozando do invernadoiro, a biblioteca, ou a charca para anfibios. As excursións foron moi ben acollidas, como a do Castro do Rodo, a unha granxa de vacas, e tamén ao Espazo Natural de Baldaio, o Bosque da Ribeira da Pena, as excursións polo río Anllóns ou as visitas ao Esteiro do Anllóns.

Houbo sesións ornitolóxicas, durmidas nocturas no bosque, charlas… que fomentaron o espírito de convivencia e de amor e respecto polo noso patrimonio natural.

Escola Ambiental Senda Nova 2022

Escola Ambiental Senda Nova 2022 3

Escola Ambiental Senda Nova 2022 4

Escola Ambiental Senda Nova 2022 2

Comentarios