Luns. 29.04.2024
El tiempo

O Espiral Maior Foro volve ter unha completa axenda

Espiral Maior Foro doble sesion
O Espiral Maior Foro volve ter unha completa axenda

Semana completa no Espiral Maior Foto de Carballo (Rúa do Sol, 34) .

O mércores, 14 de xuño, ás 20 h., terá lugar a presentación do libro “Ser cetáceo. O fascinante inverno do animal de fondo”, do que é autor o novelista, ensaísta e poeta Francisco Fernández Naval.
Acompañarán ao autor no acto a escritora e bióloga María Rei Vilas e o director de Espiral Maior Foro Miguel Anxo Fernán Vello.

E o xoves, día 15, ás 20 h., e en colaboración coa Asociación Cultural Lumieira, celebrarase un acontecemento musical e poético no que baixo o título “Ecos da lúa. Tributo a Rosalía de Castro” participarán os músicos Miguel Carbajo (guitarra), Xurxo Campos (percusión e coros) e Juan Carlos Díaz (guitarra e coros), coa voz ao vivo de Dolores Plata e con lectura de poemas de Rosalía de Castro a cargo de Miguel Anxo Fernán Vello.

Novas relacionadas

Comentarios