Espiral Maior Foro acolle a presentación da novela de Alejandro Otero Jamardo
Hoxe venres, 27 de decembro, ás 19:30 h., terá lugar no espazo cultural Espiral Maior Foro (Rúa do Sol, 34), a presentación da novela “O cabuchón vermello”, publicada por Edicións Espiral Maior e da que é autor o santiagués Alejandro Otero Jamardo.
Participarán no acto, ademais do autor, o psiquiatra, músico e vicepresidente de “A Casa da Troia” Juan Carlos Díaz del Valle. e o escritor e director de Edicións Espiral Maior Miguel Anxo Fernán Vello.
“O cabuchón vermello”, primeira obra literaria do autor, desenvolve a súa acción narrativa na cidade de Santiago Compostela. Novela de carácter histórico e ao mesmo tempo actual, imbrica no relato acontecementos como o Crime da Balconada (século XIV) e o Curso Universitario 92-93 a través das vivencias dun estudante de Antropoloxía. Máis de 400 páxinas de dúas historias temporais que se unen nun único corpo literario para crear intriga, suspense, e ser mostra dun relato de gran poder de atracción que trata das miserias e das ambicións desmedidas do ser humano