Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Fachendeando de Carballo

carballo_levamolo_dentro (1)
Fachendeando de Carballo

Nova acción municipal para transmitir unha imaxe en positivo do Concello carballés. Un dos eixos da súa política de comunicación que ten un dos alicerces na campaña “Eu quero a Carballo”. Son varias accións as impulsadas neste proxecto transversal que arrincou este día 2, Día da Candeloria, ata o 14, San Valentín.

Desta volta toca o lema “Carballo levámolo dentro”, intentando facer fachenda do pobo. Durante o mercado moitas veciñas participaron no photocall co seu sorriso e o material promocional, recibindo un imán e un adhesivo para o coche.
Fotos que sacarán polas redes sociais municipais, como se lle envías un vídeo ou unha foto da campaña por Whatsapp (604072887).

carballo_levamolo_dentro (6)

Unhas redes sociais nas que mandarán as súas mensaxes de fachenda ao longo da semana xentes como a investigadora da UDC Verónica Bolón, o xornalista Manuel Rey, as futbolistas Elena Vázquez e María Varela Bardanca, os arquitectos Diego Díaz e Gustavo Figueira e a cociñeira Rocío Martínez.

O día 14 de febreiro haberá tamén un agasallo para toda a clientela dos postos do mercado municipal de abastos: unha bolsa de rafia co lema da campaña que poderás reutilizar a partires de agora en todas as túas compras.

Comentarios