Aprendendo con Apego exercicios de Primeiros Auxilios para crianzas
Máis que necesaria a nova actividade artellada dentro do proxecto APEGO, realizada onte en Carballo. Nunha nova colaboración entre os servizos municipais de Normalización Lingüística e Protección Civil. desenvolveron un obradoiro de primeiros auxilios dirixido a familias con fillos e fillas de 0 a 6 anos de idade.
As profesionais de Protección Civil aprendéronlle ás familias como tratar emerxencias básicas, algo que non vén en ningún manual cando es pai ou nai.
Máis actividades con APEGO
De aquí a final de ano seguirá a programación de APEGO, e xateñentemos previstas para novembro dúas novas propostas: Baba-bebé, da Xanela do Maxín, o día 8, e A viaxe de Lup, con Sole Felloza, o 22. Se queres máis información ou formar parte das familias Apego só tes que achegarte ata o Servizo de Normalización Lingüística, na casa do concello.