Os Foods Trucks invaden Carballo
Esta fin de semana do 13 ao 15 de setembro, as mellores propostas de comida sobre rodas acampan en Carballo. Despois de pasar o verán de festa en festa, a nova moda das cociñas itinerantes aterra no Food Truck Fest carballés.
Hamburguesas premium, bocadillos gourmet, gastronomía orixinal e saudable, tapas diferentes, cociña veggie, viños de autor, cervexas especiais, sesión vermú, cociña en directo, produtos de proximidade, showcookings, obradoiros… Unha marea de actividades constante durante os 3 días de duración do evento.
Na festa non faltará a música, e as bandas The Cruz, Reconversión e DJ Pop Voyage amenizarán as sesións vermú.
Ademais, haberá 5 postos de artesanía: Obradoiro Gorín, de Buño; Amorote, printing workshop; La madrina de Candela; Axóuxeres e chisqueiros e a Asociación artística Crea Formas.
Entre os conciñeiros que van realizar os showcooking, temos a Álvaro Victoriano (dos Restaurantes Peculiar e Intenso da Coruña); Marcos Seoane (do Restaurante Río Sil de Carballo); Rocío Martínez (do Restaurante Pementa Rosa e Atelier de dóces Arabela); Chisco Ramos (do Restaurante A Esmorga).
Os Foodtrucks
Estes son os seis food trucks que convivirán durante tres días na Praza do Concello:
- PanPiragua (Asturias): Cociña asturiana sobre rodas. Hamburguesas artesás, canciños quentes especiais, cachopos e as súas famosas piraguas con Pitu de Caleya, carrilleras ou rabo de boi, forman parte da proposta gastronómica desta orixinal food truck.
- Misco-Midas Foodtruck (A Coruña -Canarias): Cociña fusión na que podemos atopar as súas deliciosas hamburguesas de vaca galega ou pito de curral con outras elaboracións que fusionan as cociñas atlántica e mediterránea. Un canario afincado na Coruña namorado das cociñas das súas dúas terras e que experimenta con propostas inspiradas en Italia ou Xapón. Con opcións vexetarianas e veganas.
- Misco-Midas Grill: Un auténtico asador sobre rodas. Pizzas artesás, carnes e verduras conforman a proposta gastro desta orixinal fooodtruck.
- Veggchamel (Pontevedra): Foodtruck especializado en proposta veganas e vexetarianas.
- El 22 (Asturias-México): O auténtico sabor de México. Tacos, gringas, carnitas, guacamole. Un equipo de chefs mexicanos tráenos a “mexican street food”. Opcións vexetarianas e veganas.
- Piazza La Peregrina: Pizzas de polbo, de queixos galegos como San Simón da Costa ou o incrible Galmesano, pizzas que nos levan a outros recunchos do mundo como Xamaica. Todos os sabores do mundo sobre unha crocante e deliciosa masa. Tamén pizza de chocolate para os amantes do doce. Con opcións vexetarianas e veganas.