A Formación segue guiando aos emprendedores do Coworking Carballo
Xa son 11 os proxectos e 15 os usuarios instalados (hai dúas solicitudes máis en proceso) no Coworking Carballo. Este proxecto de incubación empresarial está a un 70% da súa capacidade, tendo aínda algunha praza libre para guiar a nov@s empresari@s cara o éxito.
Ademais das sinerxias que se xeneran entre proxectos, un dos potencias do espazo é a formación que se ofrece para os usuarias e usuarios. Xa pasaron por alí Herminio Angeriz para dar unha sesión de “burrocracia”, e Andrés Queijo para falar sobre estratexia creativa.
A vindeira sesión formativa desenvolverase os proximos días luns 16 e mércors 18, nas aulas de formación do Forum.O curso é sobre Marketing e branding dixital, e será impartido por Paula Martínez e Anna Rocha. Unha sesión que terá un anexo o luns 30, sobre Seo e Sem, impartido por David Moa, de Agarimo.
Como inscribirse
Tendes toda a información en coworkingcarballo.gal, eaA sede deste novo servizo, impulsado dende a Concellaría de Promoción Económica e incluído na Rede Provincial de Espazos de Traballo da Deputación Provincial da Coruña, é o 2º andar da nave 1 do Fórum Carballo, onde tamén poden solicitar máis información as persoas interesadas.
Novas relacionadas
- Herminio Angeriz imparte un curso de legalidade empresarial para os usuari@s do Coworking Carballo.
- Primeiras accións formativas dun Coworking de Carballo que xa funciona a pleno rendemento.
- O Coworking Carballo sae á rúa a buscar emprendedores.
- O Coworking de Carballo xa está a disposición de emprendedores ou empresas de nova creación.
- Dezaoito emprendedores ou empresas de nova creación xa poden utilizar o Coworking de Carballo.