Francisco Rodríguez presenta o seu libro sobre “o reino de Galiza” en Carballo
Acompañado de Xan Fraga, o histórico político e crítico literario Francisco Rodríguez presentará este xoves 24 de marzo, ás 20h a Biblioteca Rego da Balsa, o seu libro “Unha etapa estelar e conflitiva do reino de Galiza (a segunda metade do século XIV)”.
Trátase do volume I dunha obra que, ao longo de 544 páxinas e nunha coidadísima edición, editada pola Asociación Socio-Pedagóxica Galega (AS-PG) coa colaboración da Fundación Galiza Sempre, que percorre a etapa medieval de normalidade e esplendor do reino de Galiza.
”Feito con vontade de deitar luz sobre o noso pasado medieval e as deformacións e ocultacións que sobre ese período se teñen producido, o libro nace tamén da necesidade de colaborar ao coñecemento sobre a nosa historia, aspecto no que a entidade editora conta con experiencia dabondo, explican dende a Fundación.
A intención é “combater a manipulación que levou a ignorar a existencia relevante do reino de Galiza e a eliminarnos como realidade política específica na Península, favorecendo así a construción dunha visión histórica ao servizo do castelanismo, primeiro, e do españolismo, despois”.