Música, teatro, exposicións e moita literatura enchen de vida a Biblioteca Rego da Balsa
Espectacular o programa da Biblioteca Rego da Balsa, unha das máis activas do país. Despois da fantástica estrea do Curruncho Pop con Jamie Perrett e de volver a achegarnos á realidade dos países árabes a través do ciclo de cine Amal en Ruta, a Biblio presenta cun completo programa cunha marea de citas aderezadas ademais pola exposición da Plataforma Vía Galega “Galiza: un pobo, unha selección”, visitable ata o 28 de febreiro no primeiro andar da biblio.
Curruncho Pop musical
As presentación literarias comezarán ás 19.30 horas e os concertos, ás 20.30. Lembra reservar entrada, de balde, no 981 758 580:
- 5 de marzo: Presentación do libro ‘Townes Van Zandt. La eternidad en una canción’ co xornalista musical Álvaro Alonso e concerto de Hendrik Roever (Del-Tonos) e Óscar Avendaño (Siniestro Total), que farán un percorrido musical pola obra do lendario compositor americano.
- 26 de marzo: Luis Lapuente e David Moreu falarán da historia do soul, e despois actuarán a carballesa Huguette Periscal e a banda coruñesa Madame Bird.
- 7 de maio: Rosalía Fernández Rial presenta Desnortadas acompañada por María Álvarez Santiago.
- 21 de maio: Magín Blanco, acompañado polo xornalista e escritor Carlos Rego, presentará o libro Magín Blanco. O camino da luz, e actuará de seguido.
- 4 de xuño: O ex Duncan Dhu Diego Vasallo pechará o Curruncho Pop presentando en Carballo o seu último disco, Las rutas desiertas.
Contacontos infantís
Os Ratos de Lonxedetodo de Trinke Trinke traen dúas funcións (para nen@s de entre 4 e 8 anos) por xornada, ás 17.00 e ás 18.30 horas, e que podes reservar entrada, de balde, dende o mércores anterior a cada espectáculo:
- 23 de febreiro: As illas do tesouro.
- 9 de marzo: Cores e persoas.
- 23 de marzo: Viaxe a Sudamérica.
- 6 de abril: O cole de Lonxedetodo.
- 18 de maio: Avós.
E, ademais, os días 27 de abril e 4 de maio ofrecerá contacontos en francés, para que a cativada teña a oportunidade de coñecer o idioma dos nosos irmáns de L’Isle Jourdain.
Literatura
Precisamende da man do Comité de Irmanamento con L’Isle Jourdain hai tamén clubs de lectura, cada 15 días.
Pero tamén haberá citas literarias, como a do 23 de febreiro polo Día de Rosalía, no que se agallasará a todas as persoas que se acheguen ata as bibliotecas municipais cunha chapa coa imaxe da autora ilustrada por Mon Lendoiro para o Concello de Carballo.
Estas son as citas:
- 4 de marzo (19.00 horas): O sarcoma día a día, de Carolina Castiñeiras e Iara Mantiñán Búa..
- 8 de marzo (20.00 horas): Pioneiras da ciencia en Galicia, de Manuel Rey Pan e Eduardo Rolland..
- 18 de marzo (20.00 horas): Carballo. Guía ilustrada de arquitectura, de Xaime Díaz Alonso..
- 24 de marzo (20.00 horas): Unha etapa estelar e conflitiva do reino de Galiza (a segunda metade do século XIV). Tomo I. A relevancia do reino medieval galego, de Francisco Rodríguez.