venres. 13.06.2025
El tiempo

O IES Parga Pondal rompe Fronteiras coa lingua de signos

Video IES Parga Pondal Lingua de Signos
O IES Parga Pondal rompe Fronteiras coa lingua de signos

Singular e orixinal a proposta realizada polo alumnado de 3º ESO do IES Parga Pondal de Carballo. No marco da asignatura Proxecto competencial, alternativa a unha Relixión que segue a ser maioritaria no centro, trasfornaron unha cancion de Guadi Galego en lingua de signos.

Conseguiron mergullarse no mundo da lingua de signos e aprenderon, a través desta sigradura, as normas básicas desta linguaxe. Foron as profesoras de Música, Lorena Varela; e a profesora de Educación dixital, Leticia Riestra, as que fomentaron a proposta e contaron con Ana Herranz (@enlinguadesignos) como intérprete de lingua de signos.

Escolleron o tema “Fronteiras” de Guadi Galego, que fala de abrir cancelas cara un mundo de liberdade e esperanza.

Fixeron ata a súa propia versión musical, coas súas voces e os xa famosos xilófonos do centro, pero a montaxe aínda está por vir. Por agora quedamos coa versión orixinal de Guadi, dobrada á lingua de signos polo bergantiñáns.

Máis novas

Comentarios