mércores. 30.04.2025
El tiempo

O impresdindible libro sobre o penalti de Djuckic chega a Carballo con Manjarín de invitado

Javier Guillen e Manjarin en Carballo
O impresdindible libro sobre o penalti de Djuckic chega a Carballo con Manjarín de invitado

Imprescindible o libro "Mucho que decir y poco que contar" para todo amante do deportivismo. Un relato daquela marabillosa época na que se forxaba entre o 92 e o 95 a lenda do Súper Dépor, que conta polo miúdo mil e unha anécdotas que aínda dan máis valor a aquel subcampionato acadado por un club familair nun mundo de trasatlánticos.

Este venres 28 de marzo, o Casino de Carballo acollerá ás 19:30 unha nova presentación do libro da man da plataforma de experiencias Xplore Galicia, que contará co autor Javier Guillén e con Javier Manjarín, un dos grandes protagonistas daquela época dourada do deportivismo.

O xornalista cunha longa traxectoria en Gol TV o Deportes Cuatro debullará “unha das historias máis dramáticas do fútbol español”, 30 anos despois do penalti que privou ó Dépor da súa primera Liga. O libro reconstrúe aquel momento a través de máis de 200 testimonios de xogadores, entrenadores, periodistas y aficionados. Ademáis, inclúe material inédito que achega nova luz sobre o acontecido.

Máis novas

 

Comentarios