![incendio sofan]()
Un particular alertou aos servizos de emerxencias ás 13:57 horas de hoxe
Os Bombeiros de Carballo tiveron que sofocar este mediodía un incendio rexistrado na chimenea dunha casa unifamiliar situada no lugar de Guntián, en Sofán (Carballo).
Un particular alertou ás 13:57 horas aos servizo de emerxencias sinalando que lle prendera o lume na chimenea dunha cociña de leña de tipo bilbaína. Os bombeiros comprobaron que o que lume procedía dos restos de tisne que se atopaban ardendo no interior da chimenea elevando a temperatura en toda a estructura. Os bombeiros extinguiron o lume e reduciron a temperatura. Para os traballos empregaron 200 litros de auga.
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
- Bombeiros Carballo