Venres. 18.10.2019
El tiempo

O Instituto de Estudos Bergantiñáns organiza unha ruta por un tramo do Camiño e ao mosteiro de Samos

Interior do mosteiro de San Xulián, en Samos
Interior do mosteiro de San Xulián, en Samos
O Instituto de Estudos Bergantiñáns organiza unha ruta por un tramo do Camiño e ao mosteiro de Samos

O Instituto de Estudos Bergantiñáns dentro do seu programa Andando por Galicia organizará o vindeiro sábado 5 de outubro  unha ruta por un tramo do Camiño de Santiago e ao mosteiro de Samos (Lugo). O autobús sairá ás 8.30 da mañá da praza do Concello de Carballo (rúa Gran Vía). Os billetes para participar nesta actividade están dispoñibles na librería Brañas Verdes (Tno. 981 703 641) a un prezo de 28€ para os socios (30€ para os non socios), nos que se inclúe o autobús, a entrada ao mosteiro e o xantar.

viaxe a samos instituto de estudos bergantinans

A xornada dese día estará distribuída do seguinte xeito:

  • Pola mañá: Saída de Carballo ás 8: 30 horas, parada na vila de Sarria para tomar un café, continuación da viaxe ata San Cristovo do Real (próximo a Triacastela), logo ruta a pé  polo Camiño de Santiago ata Samos.
  • Pola tarde: Visita guiada ao mosteiro benedictino de San Xulián de Samos  e a continuación regreso a Carballo.

Comentarios