Luns. 06.05.2024
El tiempo

As investigadoras carballesas, protagonistas da I Feira do Día da Muller e a Nena na Ciencia

Presentacion Dia Muller e Ciencia en Carballo
O concelleiro de Innovación, Iván Andrade, e a concelleira de Igualdade, Maica Ures, presentaron o programa acompañados polo alcalde, Evencio Ferrero, e por dúas das  investigadoras que participarán na iniciativa: Verónica Bolón, enxeñeira informática experta en intelixencia artificial, e Isabel Regueiro, profesora de física e química no IES Alfredo Brañas.
As investigadoras carballesas, protagonistas da I Feira do Día da Muller e a Nena na Ciencia

Este domingo 11 de febreiro, no marco do Entroido, Carballo estrea o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia. As concellarías de Innovación e Igualdade unen forzas para visibilizar o traballo das investigadoras carballesas para crear referentes femininos próximos para a infancia e, nomeadamente, para as nenas. Unha iniciativa na que, ademais, contamos coa colaboración do IES Alfredo Brañas, a Universidade da Coruña, a Universidade de Vigo e a Academia Joven de España.

“A muller está infravalorada no mundo científico”, apuntou Iván Andrade. Maica Ures ofreceu algunhas cifras: as mulleres representan máis do 70% nas carreiras de ciencias sociais, pero só 14% en informática ou o 7% en enxeñería. Por iso “temos que darlles pulo ás mulleres na ciencia” e crear referentes para as nenas carballesas, que o día 11 poderán comprobar que “as mulleres científicas existen e son de aquí”.

Verónica Bolón, pola súa parte deixou patente que cre na "necesidade da divulgación científica. Non serve de nada ter avances no laboratorio se a sociedade non os entende", manifestou, amosando o seu desexo de que Carballo sexa o berce “dunha futura xeración de científicos e, sobre todo, de científicas”, e nesa mesma liña o alcalde expresou a necesidade de romper “ese teito de cristal”.

Programa

Dia da Muler e da Ciencia en Carballo

A I Feira do Día da Muller e a Nena na Ciencia reunirá na planta alta do mercado municipal a Isabel Regueiro e as súas alumnas Laura Varela Cambón, Shana Añón Lías, Valeria Rodríguez Colferai, Carla Padín Regueira, Lucía García Vilariño, Andrea Goimil Liñares, Alba Bértoa Lema e Claudia Pallas Marrozos, e ás investigadoras carballesas María Gómez e María Fernández (bioloxía), Xanel Vecino (enxeñería química) e Verónica Bolón (enxeñería informática), que foi unha das participantes na presentación.

talleres_robotica-Carballo

 

Comentarios