Domingo. 03.07.2022
El tiempo

Iria Rajal leva a musicoterapia ao IES Isidro Parga Pondal

Musicoterapia no IES Parga Pondal de Carballo
Iria Rajal leva a musicoterapia ao IES Isidro Parga Pondal

O de Iria Rajal é un deses currículums que mete medo por todas as cousas que ten realizado. A de Viveiro ten sido cantante de ópera ata que descubríu a musicoterapia. Dende esa leva espallando as bondades sanadoras da música por todo o país.

Un dos últimos encontros foi no IES Isidro Parga Pondal, onde xa estivo o pasado curso, pero a onde volvía o pasado 23 de maio fixo dúas sesións do seu Método Vibria, unha para o alumnado de 2º Bacharelato e o outro para o profesorado.

Tanto uns coma outros quedaron “marabillados” con esta experiencia sonora na que empregou cuncas de cristal de cuarzo, onde as frecuencias do son espertaron moita curiosidade por parte de todos, ademais de lograr un gran estado de relaxación e un ambiente moi acolledor.

Iria Rajal no IES Parga Pondal

Novas relacionadas

comentarios