Domingo. 28.04.2024
El tiempo

O larachés Miguel Sande trae os seus poemas a Espiral Maior Foro

MIGUEL SANDE E CÉSAR MORÁN EN CARBALLO
O larachés Miguel Sande trae os seus poemas a Espiral Maior Foro

Este mércores, día 10 de maio de 2023, ás 20:00 h., terá lugar na sede de Espiral Maior Foro (Rúa do Sol, 34) un acto poético-musical arredor do libro de poemas “Brinde e desespero”, do escritor e xornalista arteixán, veciño de A Laracha, Miguel Sande, obra que obtivo o XXV Premio de Poesía Johán Carballeira do Concello de Bueu e que acaba de ver a luz en Edicións Xerais de Galicia.

O acto contará coa participación (guitarra e voz) do recoñecido compositor e cantautor César Morán, con quen Miguel Sande establecerá un espazo de lecturas poéticas en diálogo coa intervención musical do artista coruñés. O acto será presentado polo escritor e director de Espiral Maior Foro, Miguel Anxo Fernán
Vello.
A entrada é libre até completar o aforo.

Comentarios