mércores. 18.02.2026
El tiempo

Lumieira percorre os pasos de Otero Pedrayo

 

 

Ano Oteriano con Lumeira
Lumieira percorre os pasos de Otero Pedrayo

Este ano 2026, no que a A.C. Lumieira cumpre o seu 50 aniversario, foi declarado pola Xunta e o Parlamento de Galicia ano Otero Pedrayo ao cumprirse tamén os 50 anos do falecemento do patriarca das letras galegas. É por isto que na directiva da A.C. Lumieira deciden organizar dous actos neste mes de febreiro, enmarcados no 50 aniversario do Ano Oteriano, arredor deste enorme escritor, editor, político e figura fundamental da cultura galega:

Así, arman primeiro un acto arredor da figura de Don Ramón Otero Pedrayo, con Bieito Iglesias, o mércores 25 de febreiro ás 20:00 horas na escola Agra de Caldas.

Ademais, para o sábado 28 de febreiro farán unha Viaxe a Ourense, con visita ao Pazo de Trasalba -sede da Fundación Otero Pedrayo-, xantar e roteiro pola cidade.

Comentarios